Anchoas solidarias elaboradas artesanalmente en Compostela
✔ A nosa asociación ten entre os seus fins promover a realización de actividades que melloren as condicións de vida
de personas pertecentes a colectivos desfavorecidos na procura da súa integración social e laboral.
✔ Quixemos crear a marco adecuado para que mulleres en circunstancias de especial dificultade
tivesen acceso o mundo laboral e a oportunidade dun traballo e un salario dignos.
✔ Creemos na cooperación e solidariedade como ferramentas necesarias para combatir a pobreza e a marxinación.
✔ En moitas ocasións un non é responsable das circunstancias favorables ou desfavorables que lle toca vivir.
Hai demasiadas cousas que un non elixe.
✔ Non queremos practicar caridade, senon axuda a que persoas concretas teñan a oportunidade de mellorar as suas condicións de vida.
A Cooperativa Anaco é unha iniciativa de promoción de emprego e auto- emprego para mulleres da comarca de Compostela
Nace dunha iniciativa da Asociación Banco de Tempo Anaco e trata de ofrecer formación laboral básica e unha posibilidade de traballo digno a mulleres de colectivos especialmente desfavorecidos. Adícase a producción artesanal de conserva de anchoa de alta calidade en aceite de oliva.
Primeiro Paso
Iniciamos o proceso coa recepción da anchoa salgada (Engraulis Encrasicolus), que compramos directamente en Cantabria a productores que seleccionamos con esmero.
Segundo Paso
Procedemos ao “sobado manual” da anchoa: retirar a pel de cada un dos peixes extraídos do salgado, un por un, manualmente e en frío (sen escaldar) para garantir a conservación das propiedades e características da materia prima.
Terceiro Paso
Unha vez limpa e escoada a anchoa procédese ao fileteado manual e ao envasado das anchoas en aceite de oliva. A presentación en terrina hermética de plástico alimentario permite graduar o consumo do contido do envase, que sempre debe manterse no refrixerador.
Este é o noso equipo humano
Luisa
"Lo que más me gusta de mi trabajo es la libertad que tenemos de cuando nos marchamos de que nadie está encima nuestra. Y claro, me encuentro mejor, porque vivo con el dinero que gano, no tener que vivir con ese miedo”
Rosario
"La relación con mis compañeras es muy buena, sino no se podría, si no trabajas con esa actitud de tranquilidad, de relax, de confianza... son muchas horas juntas y donde hay más de tres siempre hay problemas. Y a nivel personal me hace sentir no estar tan sola, esa angustia que yo tenía... fue desapareciendo gracias a la cooperativa.”